Lista

"Elegir contenido para leer"

sábado, 2 de marzo de 2013

"Bar Camilo de abaixo: Capítulo un"

"Capítulo un"


-Bueno, pero quén está por aquí. Ves cedo hoxe Manuel-

-Veño oh. Escapei da muller que quedou durmida no sofá.-

-Anda que cando lle chuegues a casa vaiche votar una bronca que che van roncar os oidos-

-Bueno, ti ponme un café e non me amoles-

-Eu non te amolo oh, pero mira. Non hay café. Está estropeada a máquina-

-Bueno carallo. ¿Pero canto leva iso así?. Non tes unha cafetera ou algo.-

-Non teño non. So teño viño da casa e refrescos de cola-

-Ponme unha cunca de viño logo-

-¿Viches o do Bárcenas?-

-Mira, iso e todo culpa dos socialistas que andan a meter merda no goberno.-

-Pero Manuel, como dis iso. Se andan a roubar de todos-

-Se roubaran estarían na carcel e non están-

-Pero si saiu nas noticias que están todos imputados. Que están todos collidos polos collóns e andan coa mosca detrás da orella. Andan escapados que no sae nin o presidente a dar a cara-

-Pero que amputados nin que lerias-

-Amputados non Manuel, imputados-

-O que sexa Camilo, o que sexa. O que fan e traballar e arreglar todo o que fixeron os anteriores. Que o Zapatero ise, deixou o país afundido na merda-

-Pero como podes dicir eso Manuel. Se o Zapatero ainda daba axudas a todo o mundo, invertía en I+D e fixo o Plan E-

-E así afundiu o país, dandolle diñeiro a todo o mundo, sen gardar para o país. A min baixáronme a pensión. Non cobro unha merda. 400€. Isto é unha miseria, non me da para nada. Toda a vida traballando con estas mans e para qué, ¿eh?, ¿para qué? -

-Afundir, afundimos con Rajoy, que está recortando todo. Dentro de pouco teremos que sanar na casa os catarros. Facendo potas de follas de eucalipto e respirando o vao como se facía antes e todo por culpa da Merkel-

-¡Os recortes teñen que facelos Camilo!, non queda outra. A Merkel sabe como arreglar o país e europa. Os alemans sempre foron cans duros-

-Pero non me fodas Manuel, a Merkel, a Merkel que vai solucionar se ten nome de supermercado. Anda, anda non me fodas. Sabe o que fai di... Criatura-

-Sabe, oh, sabe. Non como os socialistas que eses so saben tirar para a saca e tirar a casa pola ventana-

-Teñenche a cabeza comida Manuel. Andan a mexar por nós e nós decimos que chove-

-O carallo-

-¿E o celta qué?, ¿ti crees que vai gañar ou non?-

-Claro que van gañar!, xogan contra o sevilla. Non queda outra que gañar Camilo. Ademais co novo entrenador non vai mal.-

-Mira que o sevilla tenche moi bo equipo.-

-Pero xogaron o outro dia contra o atlético na copa do rey. Eses están cansados e non van rendir.-

-Non che sei. Eu prefería que deixaran o Paco Herrera. Polo menos el coñecía os xogadores. A min o Abel Resino non me acaba de convencer.-

-O Paco Herrera perdeu o norte. Xa non sabía nin a donde ir. Fixeronlle un favor. O Abel e bo, xa verás. Con él quedamos na primeira división-

-Mira que quería traer de segundo o Salva. Ese que dixera estar a a favor da ditadura-

-Era bo, man dura e o que lle facía falta os xogadores. Que nos últimos partidos estaban a pintar a mona no campo. Non corrían nin facian nada. Fun a Balaidos e bahh...-

-Contra, ¿fuches a Balaidos?. ¿E como iso?.-

-Fun co neto, co Tomás.-

-¿O fillo de Manoliño, o maior dos teus fillos?.-

-Ese mismo. Pois o neno que regalaronlle unhas entradas no colexio e quiso que fora con él.-

-Iso está ben Manuel, hay que pasar tempo coa familia.-

-Hay oh.-

-¿Queres máis viño?.-

-¡Bueno!, ¡queresme emborrachar ou qué!. Entrolle a Maruxa pola porta chocando contra as paredes e bótame da casa.-

-Pero serás esaxerado. Si a tua muller e un ceo.-

-Bueno, ti non a viches enoxada nunca. Que se a ves corres e non miras atrás.-

-Jajaja aturarte a ti Manuel non e fácil tampouco eh.-

-Bueno, marcho que son horas.-

-Veña, ¿maña ves non?.-

-Supoño, se a parienta non me mata veño.-

-Pois ata maña logo.-

-Adiós.-

Licencia de Creative Commons
"Bar Camilo de abaixo: Capítulo un" by Alberto Leiva Pallares is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported License.

No hay comentarios:

Publicar un comentario